Sae do prelo o poemario ‘Sétimo Andar, Poesía Alén’ do colectivo Porta Verde

Sae do prelo o poemario ‘Sétimo Andar, Poesía Alén’ do colectivo Porta Verde

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Dous anos despois dunha primeira publicación, sae á luz o poemario ‘Sétimo Andar, Poesía Alén’ do colectivo Porta Verde. Confírmase sí a continuidade dun colectivo que se reafirma na defensa da poesía feita en galego e para Galiza. O presente volume conta coa participación de Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, María Neves Soutelo, M

Nove autores participan na creación de ‘Sétimo Andar, Poesía Alén’ unidos por varios puntos en común: o galeguismo e o amor pola poesía e a arte. O galeguismo, asumir a nosa lingua e defender a poesía en lingua galega como un xeito de expresión totalmente lexítimo é o denominador común unánime que nos engloba, indicou Láuzara.

Nove personalidades distintas con diferentes estilos, uns máis vangardistas, outros máis clásicos ou intimistas. Este é un dos atractivos do volume porque o lector sempre pode atopar o tipo de poesía que máis lle guste.

O libro, con 90 poemas, dez por cada autor, supón unha continuidade da primeira publicación e ao mesmo tempo de progresión. O colectivo amplia o seu ábano de obxectivos e avanza cara a converterse nun espao aberto, creativo, cultural e poético.

‘Sétimo Andar, Poesía Alén’ , terá mañá a súa primeira gran presentación para logo pasearse por outras localidades galegas dada a diversidade xeográfica dos seus autores. Este mesmo mes de setembro xa se poderá adquirir nas librarías.

Cultura