Sair ou non sair é o seu dilema

Sair ou non sair é o seu dilema
27 de Abril, 2020 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nerea e Marcos viven en Fene e teñen dez anos. Ela é das que onte saíu á rúa, el preferiu quedar na casa, por se acaso. Falamos con eles de canto botan de menos a escola.

ESCOITA O PODCAST:

Nerea e Marcos teñen dez anos e son compañeiros de clase no colexio Centieiras de Perlío (Fene). Son dous dos milleiros de nenos e nenas que onte domingo podían saír dun confinamento que dura xa un mes e medio. Ela decidiu aproveitar a oportunidade de saír á rúa, pola contra el é dos que preferiu quedar na casa. Marcos explica que “por seguridade e por se acaso”. Nerea sentiuse “moi rara” cando pisou a rúa despois de tanto tempo. Tan rara que, cando lle preguntamos por onde paseou, contesta que foi coa súa nai pero está desorientada. Despois da experiencia é curioso comprobar que ela hoxe non sairá porque está cansa, mentres que Marcos empeza a sentir curiosidade e non descarta saír un destes días. No que si concordan os dous é na distribución do tempo ao longo dun día de confinamento. Os dous almorzan e fan os deberes escolares  pola mañá e comen e xogan polas tardes. As consolas e os portátiles substitúen outros xogos. E concordan tamén en botar en falta a escola. Mochila e amigos e amigas son a maior carencia para eles neste momento de crise. Apáñanse ben coas clases virtuais e están tranquilos porque saben que non hai exames. Deben ser bos estudantes porque o asunto académico non lles preocupa en absoluto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora