Sair trasquilado

Sair trasquilado
02 de Outubro, 2023 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

“Ir por la e saír trasquilado ou levar co pau na cabeza” aplícase, segundo o dicionario, a quen sufriu unha perdida no que cría gañar ou atopar beneficio. Pódese dicir que o Barallobre saíu trasquilado da súa visita a Cariño. Cariño 2 - 0 Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Barallobre Borja Mesa fala do partido en Cariño:

http://173.255.131.18/audio/021023MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

O Barallobre mantivo o control do balón e do partido na primeira media hora do encontro. Pero un gol nun erro na saída de balón propiciou o tanto local, segundo o adestrador Borja Mesa. Na Segunda Galicia de fútbol, o Barallobre non puido enlazar a que sería a súa terceira vitoria consecutiva.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora