Sal nas estradas

Sal nas estradas
08 de Xaneiro, 2021 - 05:30 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de avaliar o estado das estradas e camiños do termo municipal e para evitar novas saídas de vía provocadas polo xeo -como as que se produciron onte na zona do Barreiro e na ponte do Belelle-, o Concello de Fene esparexeu sal dende primeiras horas da mañá nalgunhas das estradas máis afectadas polas xeadas das últimas horas, como é o caso dos accesos á avenida das Pías (á altura das vivendas do Castro), a avenida do Tarrío ou a avenida Sixto Mauriz.

Saída de vía na zona do Belelle

Á vista do estado actual das estradas e camiños do concello, o executivo local acordou facer aprovisionamento de sal, en previsión de que as baixas temperaturas agardadas para esta fin de semana e os próximos días continúen provocando a formación de placas de xeo na rede viaria do concello. Ademais, perante esta situación, desde a área de Seguridade recoméndaselle á veciñanza circular con precaución, tanto nos desprazamentos en coche como a pé, para evitar saídas de vía ou caídas fortuítas.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora