Saldos e promocións

Saldos e promocións
06 de Setembro, 2019 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo Outlet celebrará o comercio de Fene o sábado vinteún de setembro. Establecementos de moda, téxtil, ópticas, labores, calzados e agasallo participarán nunha iniciativa organizada pola asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro, coa colaboración do Concello. O Cruceiro dispoñerá carpas na Praza do Concello e na Praza Verde e cada local instalará unha haima diante do seu establecemento ademais dunha alfombra roxa para recibir á clientela.

Ramón Dominguez, de Calzados Mayka

Ofreceranse saldos e promocións para dar saída aos últimos artigos de tempada e dinamizar as vendas. A vindeira semana concretarase o listado dos establecementos participantes, segundo asegurou a Radio Fene o presidente da asociación de comerciantes Juan Ramos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora