Salvamento Marítimo recupera o corpo do percebeiro caído ao mar en Arteixo

Salvamento Marítimo recupera o corpo do percebeiro caído ao mar en Arteixo

29 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Garda Civil localizóu o corpo do percebeiro ás 1.35 horas desta mañán e posteriormente o  “Helimer 204”  recuperouno e trasladouno ao aeroporto de Alvedro. Lembramos que o desaparecido mariscaba con outro compañeiro que tamén caeu ao mar, pero este puido alcanzar a costa polos seus propios medios e salvarse.

O helicóptero de Salvamento Marítimo “Helimer 204” recuperóu esta madrugada o corpo do percebeiro que caera ao mar mentras faenaba na zona de Zorrizo (Arteixo). O “Helimer 204”  trasladóuno ao aeroporto de Alvedro onde se fixo cargo del a Garda Civil.

O 112 recibiu unha chamada do compañeiro do percebeiro desaparecido ás 00.35 horas. O alertante comunicóu que os dous caeran desde unha zona rocosa debido a un golpe de mar, mentras collían percebes.

De inmediato, el 112 contactóu co Centro de Salvamento ubicado en A Coruña que coordinóu o dispositivo de rescate formado pola embarcación “Salvamar Mirfak”, o “Helimer 204”, unha patrulla da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Arteixo.

Sociedade