Salvamento Marítimo recupera un corpo na praia de Bastiagueiro

Salvamento Marítimo recupera un corpo na praia de Bastiagueiro

02 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Salvamento Marítimo recupera o corpo sen vida do tripulante dun bote na praia de Bastiagueiro (A Coruña) O Helimer 209 trasladouno a terra e alí o persoal médico ha certificado o falecemento. O helicóptero de Salvamento Marítimo Helimer 209 recuperou esta mañá o corpo sen vida do tripulante dun bote, caído ao auga preto da praia de Bastiagueiro, en Oleiros (A Coruña).

O Helimer trasladouno a unha zona habilitada preto da praia, onde estaba desprazada unha ambulancia e o persoal médico do 112 certificou o falecemento.

O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo (CCS) na Coruña recibiu unha chamada do 112 alertando sobre o tripulante dun bote que se atopaba en apertos en Bastiagueiro.

Inmediatamente mobilizouse a Salvamar Mirfak e a embarcación L/S Bianca. Simultaneamente o 112 activou medios de Protección Civil por terra.

Efectivos de Protección Civil accederon ao corpo, que se achaba entre rocas, e ante a imposibilidade de recuperalo por terra ou desde a auga, mobilizouse o Helimer 209, que finalmente o trasladou xunto á ambulancia.

Sociedade