San Andrés de Teixido vai acabar co feísmo

San Andrés de Teixido vai acabar co feísmo

24 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O alcalde de Cedeira anuncia un investimento de 159.000 euros na posta en valor de San Andrés de Teixido para este ano
Luis Rubido, suscribiu un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, que financiará as actuacións ao 100% en elementos singulares do núcleo urbano e permitirá homoxeneizar os postos de venda ubicados no que se considera o segundo destino de peregrinación de Galicia, despois de Santiago de Compostela.

Así se establece no convenio de colaboración que vén de suscribir o rexidor coa Axencia de Turismo de Galicia, que apor-
tará o 100% dos fondos económicos. Estes, segundo avanzou Rubido, irán destinados á recuperación de elementos singulares do núcleo de Teixido tales como hórreos e fontes e, tamén, para levar a cabo a homoxeneización dos postos de
venda dispostos polos veciños e dotalos de personalidade propia. Neste último caso, en base a un estudo previo arquitectónico asinado por Pablo Tomé e Oscar Alba.

O convenio nace das xestións levadas a cabo polo alcalde e que se concretaban hai uns meses nun encontro en San Andrés coa delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; representantes da Fundación Artesanía de
Galicia e os propietarios dos postos de venda ubicados no entorno do santuario cedeirés. O obxectivo común desta terceira fase, así como das anteriores, non é outro máis que a posta en valor de San Andrés erradicando o feísmo e convertin-
do o lugar nun exemplo da arquitectura tradicional galega, potenciando ao tempo o seu poder turístico. Xa coa segunda fase, e tamén a través da Axencia Turismo de Galicia, se destinaban 100.000 euros a obras de mellora das fachadas das 22
vivendas unifamiliares que compoñen o pequeno núcleo poboacional. Unha intervención que contribuiu a dar unidade estética á zona en base a un estudo cromático no que predominaron as cores branco e terracota.

Rubido tamén sinalou que en datas próximas a Deputación provincial formalizará a concesión dunha achega para financiar as obras necesarias e realizar a traída das augas a San Andrés. Intervención de captación e construcción da rede que, sen dúbi-
da, facilitará o desenvolvemento da hostelería en Teixido.

Sociedade