San Valentín celebra o Samaín

Chourizos e castañas, cabazas, música e contos de terror.
28 de Outubro, 2019 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

A celebración do Samaín de San Valentín -Fene- ten detrás ao CPS e ao colexio A Xunqueira.

ESCOITA O PODCAST:

A festa do Samain celebrase este xoves en San Valentín. A xolda comezará ás oito e media da tarde diante do local do Centro de Promoción Social. Un DJ arrufará musicalmente a velada na que se poderán degustar chourizos ao viño e castañas, segundo indica o presidente do CPS, Juan Miraz.

O Centro de Promoción Social de San Valentín rexistrou nas pasadas semanas vintecinco novas altas de socios.É proba do dinamismo da sociedade, segundo aseguran desde a xunta directiva.

Por outra banda, o colexio A Xunqueira organiza un concurso de relatos de terror co gallo do Samaín. Haberá tamén unha exposición de cabazas terroríficas e un baile para a rapazada o xoves pola tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora