San Valentín en festas

Non queda sen festas de febreiro o barrio de San Valentín de Fene
11 de Febreiro, 2019 - 10:54 h. | Publicada por Radio Fene

O bo tempo está asegurado nas Festas de San Valentín deste ano. En Fene celébranse do 15 ao 17 de febreiro.

Esta semana celebrase o dia dos namorados, o San Valentín. En Fene haberá festas no barrio deste nome, dende o venres ao domingo. Baixo unha carpa, o venres 15 amenizará a verbena Sintonía e o dúo Horizonte. Tanto o sabado 16 como o domingo 17 haberá sesións vermú. A do sabado amenizada polo dúo Pasión que repite na verbena xunto ao grupo Innovación. O domingo rematan as festas de San Valentín cunhas pezas do mediodía do trío Innovación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora