Sanchez non recunca nas Eleccions de 2011

Sanchez non recunca nas Eleccions de 2011

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A un ano das proximas eleccións municipais o único concelleiro de EU na corporación fenesa, Manuel Sánchez, anunciou que non recuncará no 2011 sobre todo por cansancio e por deferencia á sua famila e adicarse tempo a el mesmo despois de 35 anos de militancia política activa, non por ningunha outra razón. Sanchez agarda que o seu grupo atope o antes posible un relevo  

EU de Fene solidarízase cos usuarios do Centro Siciocomunitario fenés e reclama que se solucione canto antes a reforma da cociña para que poidan disfrutar de novo dos servicios de comedor e cafetería do que dispuñan ata hai un ano. Sanchez referiuse esta mañán no espacio As Foxas ao Plan de Ordenamento do Litoral, confiando en que a Xunta de Galicia teñan en conta o informe técnico enviado polo concello de Fene e rectifique porque, segundo EU, invade competencias municipais.

O último borrador de Orzamentos municipais de 2010 non  é coñecido por EU  pero, a pesar diso, Manuel Sánchez cré que deben prosperar cos apoios do BNG e do PSOE, aos que demanda aceleren as conversas polo ben dos cidadáns. O portavoz deEU opinou esta mañán sobre o xuicio a Rivera Arnoso fixado para o mes de xullo, afirmando que é un asunto que podería terse amañado internamente porque Rivera Arnoso actuou durante 28 anos correctamente e iso polo que o xulgan é un erro administrativo  sen ningunha intención de beneficiarse persoalmente, máis cando o diñeiro que está en xogo son 11.000 €
Dende os anos de goberno de Rivera Arnoso, a parroquia de San valentín ven demandando o soterramento da liña de alta tensión que atravesa o barrio de lado a lado. De novo vólvese coa reclamación coa  que EU, non só está dacordo, senón que ten loitado por iso. 

Sociedade