Santiago acollerá o “Foro 2010”

Santiago acollerá o “Foro 2010”

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A iniciativa, promovida polo Seminario Galego de Educación para a Paz e pola Fundación Cultura de Paz, desenvolverá do 3 ao 30 de decembro preto de 200 conferencias e obradoiros, nos que se darán cita máis de 1.000 participantes de máis de 40 países dos cinco continentes.

O 4 de decembro o Foro organizará a Xuntanza de Membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións e do Decenio da Cultura da Paz e a Non Violencia para tódolos nenos e nenas do mundo; entre o 7 e o 15 de decembro desenvolveranse tres congresos académicos, entre o que destaca o Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz; e do 13 ao 15 de decembro terá lugar o Foro Mundial de Educación Temático sobre “Educación, Investigación e Cultura de Paz”. Asemade, durante todo o mes  terán lugar actividades paralelas de pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, literatura e música, en diferentes espazos da cidade.
 
Todas as actividades do evento serán gratuítas ata completar o aforo. Os inscritos terán preferencia de asistencia, e malia que as inscricións a través da rede xa están pechadas, todos os que queiran poderán inscribirse entre os días 7 e 15 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Sociedade