Santiago e Vigo acurtan distancia con “89km. Colección CGAC”

Santiago e Vigo acurtan distancia con “89km. Colección CGAC”

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

89 km separan as cidades de Santiago e Vigo, distancia que dá nome a mostra que acolle o Museo Marco de Vigo "89 Km. Colección CGAC". A exposición reúne unha selección dos fondos da Colección do Centro Galego de Arte Contemporánea. Un conxunto de 84 obras, de 63 artistas, que achegan por primeira vez a Vigo a colección de arte contemporánea máis importante de Galicia. Un título co que a comisaria da mostra, Virginia Torre

"89 Km. Colección CGAC" supón o primeiro traballo en conxunto entre os dous museos. Grazas aos seus fondos contén unha lista de obras bastante longa e ampla. O eixo da mostra son 8 obras básicas arredor das que xiran unha extensa constelación de arte contemporánea. Segundo Virginia Torrente, “podería facerse o simil cos apartados dunha novela que a súa vez divídense en subcapítulos”. Ubicada na planta baixa do Marco de Vigo, distribúese nas súas seis salas con seis narracións diferentes. Baixo o título “Interpretación do cotiá” reflíctese como un obxecto ou un acto cotiá pode converterse nunha obra de arte. En “Capítulo e sala”, acóllense artistas que empregan mensaxes habituais dos que se poden dar moitos xiros e interpretacións. Nunha terceira sala, “Cuestionar as convencións”, recóllense cómo actos e feitos normais poden transformarse nun absurdo tanto no territorio privado como público. Outro espazo “A esencia do artista e o debuxo” baséase en obras sobre papel. A vida nas cidades e a súa pegada nos artistas analízase en “Mapa de aldea global. Vivimos na cidade”. Nunha última sala, “Arredor do museo. Exercicios espaciais” reflíctese cómo os creadores se liberan dos soportes habituais (escultura, pintura...) e xurden híbridos difíciles de clasificar. Mistúranse todas as modalidades artísticas na procura das diversas interpretacións do espectador.
 
Artistas de talla internacional da arte contemporánea participan nesta mostra. Destaca unha peza, un molinillo doméstico xigante que ocupa toda unha sala dunha artista libanesa ou unha construcción dunha habitación a xeito dunha tenda de acampada con obxectos que pode distribuir o público ao seu gusto. Ráchase  cos esquemas tradicionais da presentación das obras, sinala a comisaria.

Virginia Torres consigue así sacar dos seus almacéns obras do CGAC e darlles a súa propia e libre narrativa. “Os fondos do CGAC constitúen unha das exposición de maior beleza tanto a nivel galego, nacional e internacional cunha mirada ao mundo latino-norteamericano contemporáneo  que non se debería perder”, explica.

A última palabra téñena agora o público coa súa interpretación das pezas expostas. 84 obras para contemplalas cunha mirada aberta.

Cultura