A Santiago vou lixeiriño

Prepárase o camiño a Compostela cunha achega de 80.000€
09 de Setembro, 2019 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

Fene mellora o camiño inglés ao seu paso polo término municipal grazas ao POS + 2019 da Deputación provincial da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene executará o asfaltado dun novo tramo do Camiño inglés a Compostela, ao seu paso polo término municipal. Tratase do tramo que vai da rúa Travesa a Santa Ana. Fáise coa aportación da Deputación provincial por valor de 80.000 euros, dentro o POS+ 2019. A corporación municipal de Fene reúniuse en pleno extraordinario ás 9 da mañá para someter a obra a aprobación. Prosperou cos 6 votos favorables do PP e a abstención de EU, BNG e PSOE.

O BNG argumentou que unha vez se vai asfaltar o vial, deberase aproveitar para cambiar a vella tubería de fibro- cemento por unha de PVC. O grupo socialista (na imaxe) puxo pegas ás condicións técnicas da obra, defendendo un maior espesor do aglomerado para que sexa máis duradeiro, así como incluir dentro do proxecto o control de calidade, non so neste senón en todas as obras que se fagan daquí en diante. EU criticoulle ao PP a premura á hora de aprobar esta obra porque  o dia 13 de setembro remata o prazo para entregar o requerido polo organismo provincial.

Institucional

Publica o teu comentario agora