A sardiña xa ten graxa

As cores azul e branca dominan a peixería Marína de Maniños, facendo honor ao seu nome e ao mar.
04 de Xuño, 2019 - 01:57 h. | Publicada por Radio Fene

Calidade e prezo danse a man na Peixería Marina, aberta hai dous meses no centro de Maniños (Fene).

ESCOITA O PODCAST:
peixeria040619

A sardiña xa ten graxa e vai a bo prezo, 3,90 euros. É unha das recomendacións de Manuel López Hermida quen dende hai dous meses rexenta a peixería Marina en Maniños. Ocupa un dos baixos das vellas Galerías Otero, no centro da vila. O peixe que atopamos neste local procede da lonxa da Coruña, polo tanto ten diferentes procedencias.

Falando con Manuel soupemos que o rape negro vai a bo prezo, 9,90€ e as sardiñas xa están para comer. En fín que está moi bon todo o peixe azul esta tempada. Parrocha, xurelo, etc. E non nos esquencemos da raia que aparte de boa tamén está a bo prezo, pouco máis de 7 euros.

Afirma Manuel López Hermida que está contento coa nova ubicación, que a xente de Maniños acolleunos moi ben e que o negocio tamén está ben situado para a xente de paso, os que circulan pola estrada da Palma. Abre as portas de martes a sabado polas mañás, de 9,30h a 14,00h.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora