Satisfacción e alivio

Maniños 0- Pote 1
11 de Novembro, 2019 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote clasificouse no grupo A despois de vencer ao Cultural Maniños nun partido que resolveu Alex Feal cun gol na segunda metade.

ESCOITA O PODCAST:

O Pote logrou pasar ao grupo A tras unha axustada victoria fronte ao Cultural Maniños. Maniños 0- Pote 1 quedou o marcador que deixou ao técnico Manuel Freire satisfeito e aliviado despois de tanta presión. A primeira parte foi difícil para O Pote que arriscou moito e presionaba a saída do balón. Tivo unha ocasión moi clara pero o Maniños tivo dúas no mesmo periodo. Chegaron ao descanso a ceros.

Na segunda parte replegaron e seguiron buscando unha boa contra e aí chegou o gol de Álex Feal no segundo pau. Logo o equipo pechouse ben e tocou aguantar. Freire agradece aos seus xogadores a entrega, consciente de que están a facer algo moi importante. O Pote descansa na próxima xornada. (Na imaxe, de esquerda a dereita: Sergio, Dani Cartelle, Alex Feal e Xavi).

Deportes

Publica o teu comentario agora