"Saturday night live" (Cuatro, 22 h.)

"Saturday night live" (Cuatro, 22 h.)

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os mecanismos que fan funcionar a memoria e polos que ela decide que pasa pola súa peneira e que non, nunca os entenderei. Dos años da miña infancia esquecín case que todas as leccións importantes da escola, pero si conservo, como gravadas a lume, unha serie de cousas que son capaz de recitar do tirón malia que non lles poida sacar un gran proveito. Cousas que sei son, por exemplo: a lista das preposicións (a, ante, bajo, cabe, con, contra...); algunha oraci&

A estrea desta noite é a adaptación do show de humor máis mítico da televisión estadounidense, que alá leva 30 anos en Antena 3, producindo cómicos deses cuxas películas devoramos no resto do mundo: James Belushi, Chevy Chase, Chris Rock, Jim Carrey ou os grandes Bill Murray e Ben Stiller. A cousa é como un gran magazine, con convidados especiais e actuacións musicais no que se desenvolven ‘sketches’ humorísticos con ‘cameos’ de estrelas. A que inaugura o programa aquí é Antonio Resines, fan declarado do formato americano. Cantando e tamén actuando está Dani Martín, o vocalista de El Canto del Loco, quen xa demostrou o seu talento para a comedia cando interpretaba a Corso naquela serie policíaca de Cuatro. Conducindo o cotarro, xunto cunha nómina fixa de actores na que están, entroutros Edu Soto e Yolanda Ramos, figura Eva Hache, que presta a súa cara ‘picassiana’ a un experimento curioso, os do “Saturday night live”, as noites do sábado en directo, que en Cuatro, ‘porque yo lo valgo’, emítense os xoves. Estréase ás dez da noite.

Cultura