A S.D.Barallobre busca adestrador para a tempada 2009-2010

A S.D.Barallobre busca adestrador para a tempada 2009-2010

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Barallobre busca adestrador. A xunta directiva da sociedade fíxolle unha proposta a un técnico e agarda unha resposta para esta mesma semana. Trátase dun entrenador que reside no Concello de Fene e que ven de realizar o correspondente curso de capacitación.

A fichaxe do adestrador é o primeiro paso para configurar ao equipo da tempada 2009 – 2010. No equipo do Ramo retíranse Chompi, Jorge Sanchez, José Enrique e Perico. A eles haberá que sumar as baixas xa consumadas de Javi e Jose. Pero a directiva da Sociedade Deportiva Barallobre deseña un proxecto no que se inclue a formación de equipos de fútbol 7 nas categorias pre-benxamín, benxamín e alevín. Esas formacións adestrarían no campo de cesped artificial dos Pinares, segundo manifestaron a Radiofusión fontes da directiva do Barallobre. O técnico Javier Aguilar adestra á Sociedade Deportiva Barallobre nestes ultimos partidos de Liga e tamén afrontará á Copa da Ria. Pero o adestrador manifestou xa á xunta directiva o límite do seu compromiso coincidindo co remate da actual tempada.

 

O Barallobre no seu partido de onte venceu por 2 tantos a 0 ao Narón Balompé Piñeiros B. Menos sorte tivo o Maniños que só logrou arrincar un empate sen goles na súa visita a Cedeira. O equipo do Pote perdeu a oportunidade de conquerir a cuarta posición, segundo o adestrador Angel Mahía.O Numancia de Ares derrotou por 3 a 2 ao Perlío. O último gol dos aresans chegou xa nas postrimerias do encontro. Por iso ao adestrador do Perlío Fernando Alvarez quedoulle un mal sabor de boca, a pesar de que foi un bo partido. A falta dunha xornada para o remate da Liga, o Perlío é quinto con 53 puntos, o Maniños 6º con 52 e o Barallobre 7º con 51.

Deportes