Se a vernos Marica nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar.

Se a vernos Marica nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar.

23 de Febreiro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de Castro tivo en vida vencellos co Seixo en Mugardos, con Maniños e Barallobre. Mantiña amizade coa familia propietaria da fábrica de luz do Seixo, acudiu á zona e nun dos poemas de “Cantares Gallegos” fala da romería de Beiramar no Seixo. Rosalia era parente da familia Castro Montenegro, propietarios do Pazo da Ribeira de Maniños. Ademais o seu fillo Ovidio Murguía compartirá relacións e xeración co tam&e

Concellos e asociacións da comarca conmemoran mañá os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. O Concello de Ferrol organiza unha xornada para nenos e nenas a partir de tres anos de edade. Polo Correo do Vento guiará un espectáculo familiar cun contacontos ilustrado. Un obradoiro de ilustración animará a realizar caricaturas da autora de Follas Novas. Desenvolveráse no antigo Hospicio da Praza de Amboaxe as sete da tarde. Tamén mañá a Sociedade Cultural Medulio programa un recital de poesía e música en homenaxe a Rosalía. Lidia Piñeiro e Andrés Pazos actuarán ás sete da tarde na Escola Oficial de Idiomas.

As novelas de Rosalía de Castro teñen un gran valor como testemuño dunha época. Pero tamén aporta elementos literarios orixinais e un gran valor estético. A escritora foi quen de comprender a natureza do xénero humano. Ademais a súa obra ofrece simbolismo e alegoría da reivindicación de Galicia. Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Mañá cumprense 180 anos.

Sociedade