A sección deportiva do Perlío aplaza a súa asemblea xeral ordinaria

A sección deportiva do Perlío aplaza a súa asemblea xeral ordinaria

07 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A sección deportiva do Perlío aplaza a asamblea xeral ordinaria prevista para mañá. Un problema de datas foi o detonante para que a xunta directiva que encabeza Juan Ramón Seco decidise trocar a data da xuntanza anual. A nova reunión establécese para o domingo 29 de agosto.

Nos puntos do día destacaban a elección dunha nova xunta directiva ou ben incorporaciòns de novos membros. Outros aspectos a tratar eran a lectura e aprobación da acta anterior, estado de contas e presuposto, memoria deportiva, planificación dos equipos nas distintas categorías e os rogos e preguntas.

Deportes