Sedega quédase

Sedega quédase
26 de Marzo, 2020 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Juventino Trigo declara que a súa maior preocupación neste momento é a poboación máis vulnerable, a xente maior. A atención a este colectivo refórzase con chamadas, visitas e axuda.

ESCOITA O PODCAST:

A maior preocupación

A maior preocupación do concello de Fene neste momento é a xente máis vulnerable, a xente maior, afirma o alcalde Juventino Trigo, quen lle presta "atención especial aos Servizos Sociais nun 150%” declara. Chamar por teléfono, visitalos e axudalos no que se poda, a pasar da mellor maneira esta situación excepcional. “Niso estamos centrados” declara Trigo, quen ven de anunciar a recollida de novo material de seguridade onte na Coruña destinado precisamente ao traballo a domicilio e á policía local.

Escolas municipais e Sedega

Unha das decisións que ven de adoptar o concello de Fene é a paralización do cobro das escolas culturais e deportivas municipais, actividades que se prestan ao longo do curso na piscina, nos pavillóns polideportivos e na Casa da Cultura. Cando sexa o momento, detraerase o pago equivalente ao tempo no que permanecen pechadas as instalacións. Por outra parte, para evitar a presentación de ERTES aos traballadores das empresas externas contratadas para prestar servizos no concello, como é o caso de SEDEGA, o alcalde fenés informa que se reorientou o seu cometido e seguirán traballando en labores de mantemento.

Cpntratación peóns

Fene recurriu ás antigas bolsas de traballo que caducaron hai máis de dous meses para poder contratar de maneira urxente a traballadores que reforcen a limpeza dos espazos públicos e realicen os traballos de desbroce que deben facer agora na primavera. Isto suplirá temporalmente o listado de contratación que o concello tiña previsto e que houbo que paralizar a causa da pandemia.

Institucional

Publica o teu comentario agora