Segue presente o 8 de marzo

Fene e Ferrol continúan programando actividades durante todo o mes.
22 de Marzo, 2019 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

En Fene preséntase esta tarde a curta dirixida por Marina Chiavegatto, "Tecido resistente". En Ferrol, a mestra e escritora Anxela Loureiro presenta o libro "Voces da memoria con ollos de muller".

Tecido resistente

En Fene

O concello de Fene continúa coa programación do 8 de marzo. Na Casa da Cultura,ás 19h, proxéctase a curtametraxe “ Tecido resistente” (2018) seguida dun debate coa súa directora, Marina Chiavegatto. Esta é a historia de centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos comenzos do siglo XX en Galicia. Tiñan 14 anos cando comenzaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras (Vilasantar). Cobraban 37 pesetas á semana. Con eses cartos mantiñan a economía familiar. Un exemplo de empoderamento feminino antes de coñecerse ese termo.

En Ferrol

“Son mulleres que merecen unha páxina na historia” afirma Anxela Loureiro, autora dun libro que narra as vivencias das que loitaron pola liberdade na década de 1967 a 1977. “Entrevistei a case cincuenta mulleres” manifesta a autora. O volume “Voces da memoria con ollos de muller” preséntase ás oito desta tarde no Centro Torrente Ballester.

Cultura

Publica o teu comentario agora