Segue a sua marcha o proceso ao cofrade ferrolán, Castro Couto

Segue a sua marcha o proceso ao cofrade ferrolán, Castro Couto

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xulgado marca o ritmo na investigación do presunto delicto por posesión de imaxes de pornografía infantil co que se relaciona ao antigo presidente da Confraría de Dolores de Ferrol, Juan José Castro Couto. O cofrade fora condenado en 1980 pola Audiencia de Pontevedra por abusos a menores. Un xuiz tamén declarou probada a súa participación nunha agresión dos Guerrilleiros de Cristo Rey a alumnas do Instituto Femenino da cidade departament

Dende a Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón confirman hoxe que toda a investigación referida ao achádego está baixo investigación xudicial e que, polo tanto, as súas competencias arredor do caso remataron.

Dende o xulgado no que a actual xestora da organización relixiosa cursou a denuncia, decretouse que fose a Brigada de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía a que investigue o equipo informático no que se localizou o material presuntamente constitutivo de delicto. O departamento policial de Ferrol non quere pronunciarse sobre o caso mentras non cheguen novas instrucción do ente xudicial. Polo de agora non trascendeu a auténtica natureza do material arquivado no equipo informátivo de Castro Couto.

Segundo o historiador Enrique Barrera, no seu libro “La transición en Ferrol”, Juan José Castro Couto era o xefe do grupo ultradereitista Los Guerrilleros de Cristo Rey. Participou nun ataque con cadeas e bates de beisbol a un grupo de rapazas do Instituto Femenino o 20 de febreiro de 1975. As agredidas denunciaron os feitos co correspondente parte médico. Castro Couto foi considerado culpable da acción en xuicio celebrado polo Tribunal de Orden Público os dias 29 de abril e 20 de maio daquel ano. Ainda vivía Franco e fora condenado a varios dias de arresto menor e unha indemnización de 2.100 pesetas.

Sociedade