Segunda fase do camiño de Buio

Segunda fase do camiño de Buio
05 de Outubro, 2018 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene adxudicou a segunda fase do acondicionamento do camiño de Buio en Sillobre. A obra terá que finalizarse antes do quince de novembro e conta cun orzamento de máis de 37.000 euros

Camiño de Buio en Sillobre

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá da sinatura do contrato da segunda fase das obras de acondicionamento do camiño do Buio. Unha intervención orzamentada en 37.995,89 euros que se financiará con cargo ó PEIM 2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-, e que debe estar rematada antes do 15 de novembro. A intervención, que contempla o aglomerado e pintado da vía ata Rabadeña, dá continuidade á primeira fase, executada en agosto tras un investimento de 38.765 euros –tamén con cargo ó PEIM, pero de 2017-.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora