A segunda fin de semana de setembro celébrase a II Feira de Saldos en Ordes

A segunda fin de semana de setembro celébrase a II Feira de Saldos en Ordes

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza, por segundo ano consecutivo, a Feira de Saldos da localidade, para o que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes. A feira terá lugar os días 11 e 12 de setembro para que veciños e visitantes do municipio adquiran, a prezos económicos, produtos de calidade dos establecementos comerciais ordenses. Como en ocasións anteriores espérase contar con comercios de diferentes sectores como a moda, o calzado, os

Os establecementos comerciais do municipio de Ordes que desexen participar nesta nova edición da Feira de Saldos, deberán presentar unha solicitude de participación no rexistro xeral do Concello. O horario para anotarse é de luns a venres de 9 da mañá a duas da tarde. O prazo remata  o vindeiro luns 6 de setembro. 

Con esta iniciativa, que vai xa pola súa segunda edición, dende o grupo de goberno do Concello de Ordes preténdese dar un pulo ao comercio local, e ao mesmo tempo, que veciños e visitantes poidan adquirir produtos de boa calidade a baixo prezo.

Sociedade