Segunda oportunidade

Segunda oportunidade
20 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Celebración da xunta aberta do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos nunha semana. Para conmemorar o seu oitavo aniversario. Terá lugar o sábado 27, ás doce, no pavillón de Santa Mariña, en Ferrol. 

ESCOITA O PODCAST:

“Invitamos a todo o mundo, temos sitio para calquera que queira coñecer o que facemos no grupo, a terapia de enfermo alcohólico a enfermo alcohólico”. Anima Miguel a acudir á celebración do Oitavo aniversario do Grupo, ao que el se achegou buscando un parapeto e abríuselle unha segunda oportunidade de vida.

“Eu estaba sen esperanza”, di María José, que tivo noticia do Grupo por unha publicidade que había no Ambulatorio. Moito cariño e comprensión atopou no Grupo. “Todo o que alí facemos é terapia”, sinala.

Sociedade

Publica o teu comentario agora