Segunda parte perfecta

O Perlío remontou en Meirás un 2-0 adverso.
26 de Novembro, 2018 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Dous erros defensivos custáronlle ao Perlío os dous goles en contra. Menos mal que os xogadores sairon a facer unha segunda parte que resultou perfecta, no entender do mister de Os Pinares.

ESCOITA O PODCAST:

O encontro Meirás 2-Perlío 3 tivo duas partes diferentes, a primeira foi do Meirás e a segunda dos visitantes. Despois de poñerse o Meirás por diante 2-0, o Perlío véuse na obriga de remontar ese marcador e logróuno. Dous erros defensivos custaronlle os dous goles na portería do Perlío. Marcar o primeiro gol antes do descanso foi a razón para meterse no partido e o segundo tempo xa foi do Perlío.

Foi unha segunda parte "perfecta" en palabras do técnico Chechu Piñeiro. Correron e dominaron, daí a remontada que non é doada de facer diante do Meirás. Chechu Piñeiro confesa "quédome coa reacción que tivemos". Falando co técnico do Perlío sobre como está conformada a cabeza da táboa, Piñeiro afirma que é moi cedo para decir quen acabará arriba porque so van xogados dous partidos. Ten claro que lle gusta verse aí arriba. Na próxima xornada o Perlío recibe nos Pinares ao Narahío, "o único que nos gañou no seu campo na primeira fase" apunta Chechu Piñeiro quen coñece do rival que ten un xogo directo e moi rápido. Pero veñen a Os Pinares e se o Perlío non se relaxa, todo vai ir ben. Ademais agardan non ter baixas para ese encontro.

Deportes

Publica o teu comentario agora