Segundas

Cultural Maniños fíxose co segundo posto na Liga feminina de Futbol8
02 de Abril, 2019 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

Acabou a liga feminina de futbol 8 e os equipos de Fene lograron os obxectivos. Maniños son segundas. O domingo empeza a Copa e xa empeza forte, cun derby nos Pinares, Perlío- Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

Fin de Liga

O Maniños festexou a segunda posición por todo o alto. Hai tempo que o Caranza gañara a Liga así que conquerir o segundo posto ao que se aspiraba foi un gran logro. O técnico do Cultural Maniños, amosou a ledicia de todas polo conxunto da tempada e o resultado moi merecido, en palabras de Gómez. O último encontro no Pote fronte ao Cariño foi bonito de ver cun resultado de 4-2. Sheila estivo espectacular e Rebe quedou terceira no pichcichi, cun total de 28 goles marcados. Os catro goles marcados no último choque foron de Cris que abría o marcador no minuto 9, seguida dos goles de Rebeca, Paula e Mónica no minuto 59.

Copa

Ao ser segundas, o Cultural Maniños debe afrontar tamén o campionato provincial, en canto remate a competición de liga nas zonas de Santiago e A Coruña. O provincial celebrarase este ano no campo do Caranza (Ferrol). Participan os tres primeiros equipos clasidicados en Ferrol e A Coruña e os dous primeiros de Santiago. A competición celebrase nun dia, con encontros de 20 minutos de duración. O Maniños feminino afronta a Copa con ilusión pero mosqueadas porque o primeiro rival será o Perlío ao que visitan nos Pinares, o domingo ás 12h.

Deportes

Publica o teu comentario agora