Segundo día de folga en Geriatros pola readmisión da traballadora despedida.

Segundo día de folga en Geriatros pola readmisión da traballadora despedida.

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Novo acto de solidaridade coa traballadora despedida da Residencia Geriatros de Laraxe (Cabanas-A Coruña). A primeira hora da tarde concentrouse un nutrido grupo de empregados á entrada do centro, no que é o segundo dia de folga demandando a readmisión de Socorro Pena.

Entre as 14,30 e as 15,30 h un feixe de traballadores concentrouse na porta de acceso ao recinto de Geriatros cunha pancarta que pedía a readmisión de Socorro Pena, a traballadora que a empresa despediu alegando maos tratos aos residentes, unha razon que a CIG califica de falsa polo que os servicios xurídicos do sindicato nacionalista veñen de presentar unha demanda. A central sindical considera que o despido ten máis que ver coa responsabilidade como delegada da CIG de Socorro no centro.

Hai uns dias celebrouse en Ferrol o acto de conciliación, sen que se produciran novidades no caso. A Residencia de Laraxe traballa hoxe cos servicios mínimos, o mesmo que ocurrirá na terceira xornada de paro prevista para o dia 22 de abril.

Sociedade