ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo socialista do Concello de Fene demanda melloras no ancoraxe dos contedores do lixo para que non tire con eles o vento, como sucede na rúa Antonia Montero, na zona de Mobles Rivas. Falou do problema en Radio Fene o voceiro municipal do PSOE, Joaquín Ayala, no espazo As Foxas no que pasou revista a vida municipal.
“Os contedores andan ás súas anchas, o vento fai con eles o que quere”, sinalou o voceiro socialista. Ayala tamén espera chegar a un acordo co Goberno local para a modificación de Ordenanzas Fiscais. Na de plusvalías, defenden a redución da base impositiva, no caso das herdanzas, ata o máximo que permite a lei, o 95%. Tamén queren a revisión da ordenanza de ocupación da vía pública de caixeiros dos bancos e das máquinas de Vending.
Publica o teu comentario agora