Seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio dun pesqueiro de Muros fronte a Asturias

Seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio dun pesqueiro de Muros fronte a Asturias

10 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Catro mariñeiros galegos, naturais de Muros (A Coruña), están desaparecidos tralo naufraxio fronte ao litoral de Asturias do pesqueiro Santa Ana. Outros dous tripulantes da embarcación, que tiña tripulación galega, indonesia e portuguesa, están tamén desaparecidos, mentres que foron recuperados dous cadáveres e hai un mariñeiro rescatado

Ás 5.30 horas o pesqueiro Ciudad de Albufeira contactou co Centro de de Coordinación de Salvamento (CCS) situado en Gijón para alertar sobre o posible afundimento do Santa Ana, xa que non daba contactado co barco. O CCS mobilizou a embarcación de intervención rápida 'Salvamar Rigel' e ao helicóptero 'Helimer 203'. Ás 5.58 horas o pesqueiro Maresco, que tamén se achaba pola zona do naufraxio comunicou que rescatara un tripulante do Santa Ana e procedeu cara ao porto de Luanco, onde foi asistido por unha ambulancia.

No dispositivo de busca participaron o helicóptero 'Helimer 203', as embarcacións Salvamar Rigel e Salvamar Capella e un equipo de Mergulladores da Base Estratéxica de Fene (A Coruña), ademais de dúas patrulleiras da Garda Civil e a Cruz Vermella.

Sociedade