A selectividade empeza en Burgos

A selectividade empeza en Burgos

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conxunto burgalés é o segundo equipo máis anotador do grupo: anota unha media de 75,2 puntos por partido ( 8 máis que as ferrolanas) mentres que recibe os mesmos (64 p.p.) e gañou en calidade de cara á 2ª volta pois a pivot checa Zora Skrabalova e a base canaria Lidia Mirchandani deixaron o equipo sendo reemplazadas pola letona Inga Buzoka (do Pío XII de Santiago) e María José Bolonio (do Conquero de Huelva)

Ofensivamente sóbralle calidade: A norteamericana Emily Ann Heykes anota 12 puntos e captura 7,5 rebotes por partido, a sueca Anna Christina Barthold aporta 16 puntos e máis de 10 rebotes, a búlgara Radostina Dimitrova promedia 12 puntos, Celia Maciá, 11 puntos e a veterana basee María José Alonso 7 máis. As recentemente chegadas Inga Buzoka, 8 puntos 7 rebotes promediaba en Santiago e María José Bolonio anotaba 14 en Conquero. Así pois, sobra calidade ofensiva.

Pese a iso, ou mellor dito, conscientes diso, as ferrolanas prepararon o partido a conciencia. Na primeira volta perderon en Esteiro, como case sempre tras un pésimo tercer cuarto (8-22) pero competindo de igual a igual cun equipo que é dos máximos favoritos para o ascenso. Por iso será determinante xogar a un nivel regular, sen altibaixos, ao longo dos 40 minutos pois as rivais non son un equipo ante o que sexa posible o relax. As ferrolanas están xogando a un bo nivel e manténdoo poden gañar a calquera, pero son moi vulnerables cando baixan o nivel, case sempre tralo descanso.

Ao longo da semana o Uni adestrouse con normalidad. Iria Villar descansou parcialmente nalgunha sesión debido a unha lixeira distensión nun abductor, mais por precaución, e Fatou Dieng cunha tendinitis nos xeonllos tampouco puido facelo a lume de biqueira ata o xoves. Todas elas estarán dispoñibles para o encontro de mañá sábado.

Os colexiados Roberto González (vasco) e Pedro Luís Aguado (castelán-leonés) serán os encargados de dirixir o encontro, mañá sábado, a partir das 18,30 horas, no Polideportivo Municipal O Plantío da capital burgalesa.

Deportes