Semáforo verde para os presupostos do Concello de Santiago

Semáforo verde para os presupostos do Concello de Santiago

10 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello de Santiago aprobou esta mañá definitivamente o seu presuposto do 2010. Compostela era a única das sete grandes cidades galegas que quedaba por aprobar a súa relación de ingresos e gastos. Son unhas contas de 104 millóns de euros que tiveron que axustarse a un ríxido plan de austeridade para facer fronte á crise.

O goberno local compostelán veuse obrigado a reformular o seu plan de equilibrio finaceiro para afrontar unha situación económica desfavorable. Marcáronse unhas pautas para reducir o déficit e conter o gasto. Conseguiron conservar unha partida de 20 millóns de euros para investimentos e 2 millóns de euros destinados ao Xacobeo. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que non houbo retraso en ninguna obra por falla da aprobación dos orzamentos.

Os orzamentos foron desbotados pola oposición, o PP, quen acusa ao goberno compostelán de oscurantismo, falta de transparencia e censura. Finalmente esta mañá saíron adiante grazas ao seus socios de goberno, o BNG, e ao PSdeG.

Sociedade