Semana Cultural na Graña- Ferrol

Semana Cultural na Graña- Ferrol

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ex director de Diario de Ferrol, Germán Castro inaugura  mañán a Semana Cultural da Graña, organizada pola A VV Rosalía de Castro da localidade. O xornalista ofrecerá mañán martes unha conferencia ás 7 da tarde. Conferencias, teatro, musica e xogos, compoñen o programa cultural.

O mércores  outra charla sobre “Contaminación da ría” ofrecerán Carlos Piñeiro e Andrés Lamas. O xoves é o dia dos pequenos e pequenas da Graña, aos ques e ofrecerán xogos e unha merenda. O teatro resérvase para o venres. Actúa na Graña o grupo Carrachanacacha coa obra de Leandro Lamas “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”. Culmina a Semana Cultural da Graña con música, coa actuación da Coral Polifónica de Ferrol.

Sociedade