A semana grande da ximnasia rítmica en Ferrolterra

A semana grande da ximnasia rítmica en Ferrolterra

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

550 nenas participarán na V edición do Torneo-Exhibición de ximnasia rítimica Cidade de Ferrol organizado polo club Esquío. Unha cita para difundir esta disciplina deportiva en todos os niveis e idades ademais de cubrir as necesidades das pequenas ximnastas a través da recreación, a diversión e a motivación para seguir na práctica deste deporte. O evento terá lugar este domingo 11 de abril. Pola mañá tócalle a

No apartado de exhibición participarán clubes, escolas, asociacións e actividades extraescolares no eido da iniciación. Pola tarde brilarán no tapiz o mellor da ximnasia rítmica galega. Haberá unha competición de nenas individuais de base en todas as categorías e torneo de conxunto tanto a nivel escolar como de nivel e promoción.  

O Club Esquío atópase na élite da ximnasia rítmica galega e agora traballan duro para acadar os mesmos resultados nos campionatos de España. Trátase dun deporte que require moito sacrificio e adestramento e as ximnastas teñen unha curta traxectoria deportiva. Algo que está trocando coa ximnasia estética que prolonga ata os 25 anos ou máis o traballo das deportistas. 

Sen tempo de retomar folgos o seguinte sábado 17 de abril celébrase a exhibición da Escola de ximnasia rítmica do Concello de Fene. Unha cita que se celebrará durante toda a xornada ante a gran cantidade de participantes. No Pavillón A Xunqueira de San Valentín poderemos desfrutar das habilidades das nenas cos aros, mazas e demais aparellos. Haberá un amplo abano de niveis e idades desde a categoría prebenxamín ata a ximnaxia estética.

Unha das máis importantes citas das nenas da escola de Fene será o 15 de maio na fase provincial escolar. Na mesma participarán dous grupos, un conxunto cadete de aro e un infantil de pelota. Antes, O 17 de abril, no pavillón de San Valentín poderemos admirar as súas destrezas no tapiz. A exhibición arrinca ás once e media da mañá ata a unha e media da tarde e retómase ás catro ata as sete e media do serán. 

Deportes