A Semana Santa de Allariz vén cargada de actividades de lecer para todas as idades

A Semana Santa de Allariz vén cargada de actividades de lecer para todas as idades

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

As persoas responsables da área de promoción económica do Concello de Allariz presentaron na Cámara de Comercio ourensá a programación da Semana Santa ao Vivo, unha proposta cultural e de lecer que nace no ano 2.000 e que se celebrará entre o 1 e o catro de abril con importantes novidades.

As actividades extenderanse ata ás dúas da madrugada nos días festivos, os museos da vila acollerán actividades como unha muiñada con grupos de gaiteiros, haberá un torneo de videoxogos no telecentro ou un circuito termal no Spa. Ademais, haberá actividades para os máis pequenos e tamén para os mozos e mozas, como concertos ou un recital poético o xoves Santo.

A Concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, e mailos técnicos da área presentaron o total da programación.

Sociedade