A Semana Santa ferrolá, simbiose de relixiosidade e algarabia

A Semana Santa ferrolá, simbiose de relixiosidade e algarabia

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As procesións, equiocio, espectáculos, gastronomía. Son só alguns aspectos da oferta de lecer que presenta o Concello de Ferrol de cara á Semana Santa. A primeira procesión sairá o domingo de Ramos, o 28 de marzo. Trátase da procesión do Xesús Amigo dos Nenos que partirá do Santuario da Praza das Angustias ás once e media da mañá. 

De xeito paralelo, o Concello de Ferrol organiza un ciclo de músicas, relixiosas e da ilustración baixo o lema Espiritualidade e razón. Abrirá o ciclo mañá martes un concerto da soprano Raquel Andueza baixo o título Maddalena Penitente. Acompañada de Jesús Fernández e Alberto Martinez interpretarán obras relixiosas do barroco italiano. O concerto comezará ás oito e media da tarde de mañá martes na concatedral de San Xulián. O alcalde de Ferrol Vicente Irisarri explicouse así esta mañá. Calificou a Semana Santa, como a semana máis importante do ano para a cidade departamental.  

Paixón por Ferrol. Semana Santa. A última procesión será a da Resurrección o domingo 4 de abril ás doce e media do mediodia.

Sociedade