Seminario a prol do autoemprego

Seminario a prol do autoemprego

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol levará a cabo un seminario gratuito de creación de empresas para fomentar o autoemprego. A cita será o vindeiro mércores 23 e o obxectivo do seminario é converter as ideas de negocio dos ferroláns en proxectos sólidos.

O seminario estará guiado por técnicos do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia e do Instituto Galego de Promoción Económica. Durante tres horas, estes técnicos ensinarán a xeración das ideas empresariais e racharán cos mitos sobre a figura do emprendedor, amosando que calquera persoa con ganas pode desenvolver un proxecto empresarial. O concelleiro de Facenda, Emprego e Promoción Económica sinalou que os participantes tamén poderán coñecer as axudas que teñen á súa disposición en Galicia para levar á práctica esas ideas empresariais. A formación é gratuita pero hai límite de prazas, polo que os interesados deberán realizar a súa inscrición no porpio Centro de Emprego en Catabois ou chamando ao 981 944 195.

Sociedade