Sen ADSL e con poucos vehículos camuflados

Sen ADSL e con poucos vehículos camuflados

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Conectándose a Internet nas cafeterías con rede wifi para conseguir información. Cada vez con menos vehículos camuflados. Esa é a situación da Garda Civil na provincia da Coruña, segundo denuncia nun comunicado a Asociación Unificada de Gardas Civís. A entidade denuncia arbitrariedade no abono de horas extraordinarias e reclama máis medios para poder traballar con motivación.

Os recortes que se están  a producir en gastos poñen en perigo a capacidade de investigación, prevención e persecución de delitos por parte das Unidades de Policía Xudicial, Información e Áreas de Investigación, segundo afirma a Asociación Unificada de Gardas Civís nun comunicado. Sinalan que desde hai tempo, na Comandancia da Coruña, estanse notando estes recortes presupuestarios.

A AUGC denuncia en concreto a eliminación das liñas ADSL das Unidades, "co que, se priva aos axentes dunha ferramenta esencial á hora de traballar que obriga aos axentes a realizar o traballo desde o seu domicilio (utilizando a liña ADSL particular pagada por eles) ou nas cafeterías con rede Wifi, algo incrible se se ten en conta que, os delitos a través de internet incrementáronse notablemente, sendo un fundamental medio de información".

Con todo a cousa empeora por momentos, segundo a entidade. "Mentres de cara ao público se vende  o aumento dos planteis dos Equipos de Policía Xudicial, ocúltase a disminución de medios e entre eles de vehículos camuflados que orixina que unidades con 5 axentes conten cun só vehículo totalmente insuficiente. Todo iso cunha explicación sinxela, se se diminúen medios ás unidades de seguridade cidadá, crea malestar social ao ser fácilmente perceptible, mentres que suprimir vehículos camuflados non é percibido máis que polos propios traballadores".

Sociedade