Sen dereitos humanos non se lidera o mundo

Sen dereitos humanos non se lidera o mundo

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Perto de 50 millóns de persoas non teñen asistencia médica en Estados Unidos. Máis de duas mil persoas foron executadas en China no pasado ano. Estos son só dous exemplos calofriantes das múltiples violacións de dereitos humanos que a día de hoxe seguen existindo en moitos países do mundo. Entre eles dúas das grandes potencias mundiais como son Estados Unidos e China, países que non teñen ratificado os Pactos Internacionais

Hoxe, día en que se conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos, moitas son as organizacións humanitarias que seguen a traballar e a pelexar polo cumprimento dos pactos internacionais que garanten os dereitos esencias das persoas.

Dende Amnistía Internacional hoxe mesmo levarán a cabo unha recollida de sinaturas na cidade da Coruña para esixir que éstes países ratifiquen os tratados internacionais que impidan a violación sistemática dos dereitos humanos que todavía se practica. O voceiro desta asociación, Alberto Estévez, falaba esta mañá en Radiofusión, da importancia crucial que ten a presión internacional, e tamén a estatal e local, neste senso. Referíuse Alberto Estévez aos dous países, grandes potencias mundiais, nos que máis se están a violar os dereitos das persoas: Estados Unidos e China.

No país americano, onde un 12% da poboación é de raza negra, as violacións dos dereitos culturais, sociais e económicos seguen a ser unha constante. Así por exemplo segue a haber grandes discriminacións nas escolas públicas e o maior número de abortos corresponde a mulleres desta raza. Polo que respecta a China, segue a ser, en palabras de Alberto Estévez, “o maior verdugo do mundo”, con cáseque 20 execucións diarias froito das irregularidades do goberno. As torturas, detencións xudiciais erróneas e a pena de morte, seguen a ser no país oriental algo cotidiano.

Neste senso, dende Amnistía Internacional, salientan a importancia da presión política internacional para pór a estes estados que violan os dereitos humanos na liña dos que cumpren os tratados internacionais e que ratifiquen estes acordos que inda non recoñeceron.

Sociedade