Sen goles pero suma un punto

Sen goles pero suma un punto

08 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Racing de Ferrol non poido marcar esta mañá en Valladolid, ante o filial castelán no campo anexo ao José Zorrilla da capital do Pisuerga. O partido rematou igoal que empezou con cero tantos. Con este punto o Racing atópase na sexta posición da clasificación xeral con 37 puntos.

O Lemona e a Ponferradina perderon os seus respectivos compromisos ligueiros desta xornada. O Lemona caeu pola mínima en San Mamés mentres que o conxunto do Bierzo tamén pedeu na Coruña ante o Fabril. O líder, o Real Unión de Irún xogará esta tarde ante o Lugo no Anxo Carro e a Cultural Leonesa recibirá ao Cidade de Santiago. Por último o Zamora xogará ante o Barakaldo.
Deportes