Sen mantemento en Navantia

Sen mantemento en Navantia
04 de Outubro, 2019 - 10:08 h. | Publicada por Radio Fene

Representantes do concello de Fene reuniranse co Xerente da Área Sanitaria da zona, con toda probablidade o dia 9 deste mes para manifestarlle o descontento dos veciños e veciñas que se encontran sen pediatra ou sen médico de urxencias. Cubrir as vacantes por baixa ou xubilación convértese nun reto do concello fenés.

ESCOITA O PODCAST:
pleno4-10-19

Folga en Navantia

O pleno de Fene contou coa presencia dos traballadores das auxiliares de Navantia que están en folga desde o 23 de setembro polo despido de 15 traballadores de mantemento en Indasa e Tecman-Rayma. A través do BNG presentaron unha das mocións urxentes que se debateron onte. Un portavoz explicou cal é o problema e como desde o dia 13 non se fai mantenemento en Navantia polo que os guindastres empezarán a parar hoxe. A corporación amosou unánime o seu apoio á readmisión dos operarios e a instar a Navantia a que esixa ás empresas externas que cumplan coas súas obrigas.

Endesa

O peche de Endesa tamén estivo presente na sesión. Por un lado todos os grupos se sumaron á Declaración asinada o luns polos alcaldes das comarcas afectadas pola desindustrialización. Non ocurriu así coa moción presentada polo PP que demandaba a continuidade da central e o apoio aos traballadores directos e indirectos e pedía a dimisión da ministra de Transición ecolóxica. Tanto o BNG como o PSOE e EU calificaron a iniciativa de oportunista e electoralista e votaron en contra, aínda despois de retirar os populares o relativo á dimisión da ministra.

Taxa da depuradora e Centro de Saúde

Este de outubro foi o pleno das Mocións Urxentes. O PSOE presentou dúas; unha pedindo ao goberno local que poña a cobro a ordenanza 19, a da depuradora, que “por desidia” leva un retraso de cinco anos, desde o 2015. Tras un encendido intercambio de culpas, a moción prosperou. A outra iniciativa socialista tiña que ver co mal funcionamento dos centros de saúde de Fene que se encontran sen pediatría e sen médicos de urxencias. Anunciou o alcalde que o mércores dia 9 serán recibidos polo Xerente de Área sanitaria ao que lle exporán a situación.

Alfa Charli

Tamén asistiron ao pleno os membros da asociación de Radioafecionados Alfa Charli para reiterar a desafección da escola de Magalofes onde teñen as súas instalacións porque, en caso contrario, non poden proceder ás reformas urxentes que deben facer. Denunciaron que levan esperando por unha licencia de obras desde o ano 2012. De non ser así veríanse obrigados a cambiar a súa sede para outro concello, aínda que queren continuar en Fene onde Alfa Charli naceu hai 30 anos. Toda a corporación comprometeuse a solventar este asunto antes de que remate o ano 2019.

O concello de Fene adhírese á central de contratación da FEMP porque iso simplifica o proceso de contratación de empresas e suministros e aforro nas facturas. O PP presentou a proposta, que saiu adiante coa abstención da oposición, pensando sobre todo no suministro eléctrico. O pleno acabou con medio cento de rogos e preguntas da oposicición.

Institucional

Publica o teu comentario agora