Sen parar de xirar

Sen parar de xirar

02 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Actuarán neste mes de agosto, o dia 5 na Capela (A Coruña), o 10 en Vilaframil (Ribadeo), o 18 en Rebordechán (Crecente Pontevedra) e o 28 no Castro de Beiro (Ourense), dentro dun verán que non deixará oco para o descanso. En todo o mes de agosto, Os Satélites só paran 4 dias.

O coidado da sección de metal, ao estilo das Big Band americanas caracterizou dende os seus inicios a esta agrupación musical. Foi a primeira orquestra galega que cruzou o charco a América ou a que percorreu moitos paises no extranxeiro tanto en América como en Europa. Os Satélites foron durante moitos anos, sinónimo do mellor da música en Galicia e referente para outras orquestras. Naceron en 1938 na Coruña, por iniciativa do saxofonista Manuel Otero Mariñas. Viaxaron a América, concretamente a Venezuela, a medidados dos anos 50, de onde importaron xiros e influencias da música tropical. Pucho Boedo, Sito Sedes...son algúns dos nomes grabados en ouro na historia desta formación, que creou unha auténtica escola coruñesa. Son os mestres na salsa, merengue, cumbia, pasodobre e baladas.

Sociedade