Sen patadas

Sen patadas
20 de Marzo, 2024 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

“Foi un partido moi competido pero limpo, sen patadas nin agresións” indican dende a directiva do Ordes, referíndose ao partido da Primeira Galicia de fútbol entre o Ordes e o Val e que rematou con cinco expulsados do equipo valexo. Non houbo pelexas entre os conxuntos, afirman as fontes locais.

Fotografia Xan Xe

Os dous primeiros xogadores foron expulsados cando xa se retiraran do terreo de xogo substituidos. Ao parecer dixéronlle algo ao xuíz de liña. Logo o árbitro expulsou ao delegado por protestar. Un novo xogador recibiu tamén o cartón vermello tras lanzar o balón, sen intención, contra o banquiño rival. O quinto expulsado do Val foi tras unha discusión con un xogador de Ordes. “Ao parecer chamoulle parvo, o árbitro escoitouno e botouno” salientan dende a directiva do Ordes. A espera do que decida esta tarde o comité de competición e disciplina da federación galega de fútbol, O Val previsible mente non poderá contar cos catro expulsados no partido da próxima xornada. Xogará co Perlío no campo de Sinde, o domingo ás doce da mañá.

 

Imaxe do partido Perlío - Ordes

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora