Sendeiros de Fene parece unha ruta dura

Sendeiros de Fene parece unha ruta dura
17 de Outubro, 2018 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

"Sendeiros de Fene parece unha ruta dura para as persoas practicantes de Btt, pero quizais por iso tivo tanto éxito nesta edición" afirma Óscar Fraga, directivo do Clube Btt Fene. O feito é que antes do remate do prazo de inscrición xa se cubriron as trescentas prazas ofertadas. As bicicletas sairán o domingo as nove e media da mañá do polideportivo de San Valentín.

ESCOITA O PODCAST:
Óscar Fraga, do clube Btt Fene

Percorrerán os trinta e seis quilometros do percorrido por montes e camiños de Fene. A organización calcula que todo rematará arredor das dúas da tarde no punto de partida. Repartiránse agasallos e diplomas e serviranse uns pinchos. Logo haberá un xantar na Asociación Veciñal de Magalofes. Bicicltas todo terreo ou de montaña de Asturias e de Vigo xa teñen confirmada a súa participación na xornada.

Deportes

Publica o teu comentario agora