Senta e sente

Unha iniciativa da ASCM para reclamar a accesibilidade universal.
17 de Setembro, 2019 - 01:55 h. | Publicada por Radio Fene

A campaña “Xente. Senta e sente” da ASCM chega a Fene o xoves 19. Os representantes políticos sentarán nunha cadeira de rodas para experimentar na rúa as dificultades que teñen para moverse as persoas con movilidade reducida. Preténdese sensibilizar aos responsbales políticos sobre a necesidade de apostar pola accesibilidade universal. Conmemoran así a Semana da Movilidade Europea. Onte experimentaron os politicos de Neda, hoxe os de Narón e o xoves os de Fene.

A experiencia esta mañá en Narón

A ASCM fixo, hoxe, a súa segunda parada, dentro do roteiro reivindicativo, "Xente!! Senta e Sente", no Concello de Narón. Dentro do marco da Semana da Mobilidade Europea, a ASCM, está a desenvolver esta iniciativa que ten por obxecto concienciar aos nosos representantes políticos da importancia de planificar e actuar en clave de accesibilidade. Desde as 11.00 h. a equipa de voluntariado inclusivo auxiliou aos políticos participantes no seu percorrido, en cadeira de rodas, polas inmediacións da casa consistorial. Participaron da iniciativa, entre outros, a alcadesa, Marián Ferreiro; a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo; a de estatística, igualdade e transporte público, María del Mar Gómez; o de servizos, Ibán Santalla; o de deportes, José Oreona; o de facenda e seguridade cidadá, Román Romero; a de participación cidadá e benestar social, Catalina García e German Costoya, edil do Partido Popular de Narón.

Tal e como aconteceu onte en Neda, a iniciativa foi valorada de xeito moi positivo, tanto por parte da administración como da entidade; servindo para concienciar sobre a importancia da eliminación das barreiras arquitectónicas que pasan desapercibidas no día a día. A ASCM pechará o seu percorrido o xoves 19, ás 11.00 h., fronte ao Concello de Fene. A intención da entidade é a de manter unha relación fluída e con obxectivos, a longo prazo, coas distintas administracións locais da comarca coa intención de poder avanzar, entre todas e todos, en materia de accesibilidade universal.

Sociedade

Publica o teu comentario agora