Será por espacio

O centro Os Casais aumentará a matrícula a última hora porque dispón de espacio
08 de Setembro, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Os Casais está preparado para iniciar o novo curso escolar o xoves 10 de setembro con todas as garantías.

ESCOITA O PODCAST:

“Non hai mal que por ben non veña” dí o refraneiro popular. Podemos aplicalo nesta ocasión ao ceip Os Casais de Maniños (Fene) un centro con escasa matrícula para a súa capacidade, circunstancia que se converte nunha vantaxe de cara ao curso escolar 2020-2021. Precisamente o amplo espazo libre do colexio atrae ás familias á hora de matricular aos seus fillos e fillas con maior seguridade. De feito son varias as familias que se interesaron por este centro e barallan a posibilidade de cambiar aos fillos este curso. Unha boa medida para todos porque redistribue mellor o alumnado entre eles.

Segundo a directora de Os Casais, Lorena Pita, a matrícula que estaba en 50 inscritos podería aumentar nos próximos dias. Nos cursos de infantil, de 3, 4 e 5 anos, entrarán no centro de Maniños 18 pequenos. Non hai problema algún coa ratio en ningún curso. Reservouse unha aula bautizada como “Aula Covid” por se se dese algún caso de contaxio para levar ao alumno antes de que a súa familia o recolla e antes de proceder ao rastrexo das persoas que estiveran en contacto con el. Nos Casais acordouse que todos, mestres e alumnado, leven mascarilla todo o tempo. O profesorado xa se someteu ás probas serolóxicas antes do inicio do curso que será o xoves 10 de setembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora