Ser nai é máis dificil hoxe que antes

Ser nai é máis dificil hoxe que antes
24 de Outubro, 2019 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

Ser nai é máis difícil hoxe que antes. A esa conclusión chégase despois de ler o libro de Marga Tojo “Maternidade fóra de catálogo”. Que tipo de problemas teñen as nais do século XXI? A maternidade é unha “vara de medir” que se lle aplica ás mulleres? Hai un certo silenciamento en torno aos novos modelos de familia? Espera a sociedade unha sorte de “matronas asexuadas” que deben postergar a súa realización persoal? Son preguntas que tamén nos formulamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Tentar criar sen ter preto ningún tipo de contorna afectiva e coas peculiaridades dunha familia reconstituída é bastante complicado.Nunha cidade tan cara como Madrid, tendo eu unhas circunstancias laborais moi difíciles, ás que se engadiu a enfermidade da pequena… Diso fala o libro de Marga Tojo, un volume  a medio camiño entre o ensaio, a reportaxe xornalística e o relato en primeira persoa, que analiza as condicións económicas e socio políticas nas que se produce, na actualidade, o coidado dos fillos. Reivindicando o que poderiamos chamar unha ética dos coidados contra os tópicos.

Cultura

Publica o teu comentario agora