Sete compañías de teatro danse cita na IX edición do Teatrarte’09

Sete compañías de teatro danse cita na IX edición do Teatrarte’09

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O programa arranca o sábado 14 coa compañía Talía teatro quen porá en escea a obra “E ti de quen vés sendo?” baixo a dirección de Candido Pazó. Unha comedia baseada no clásico “El anfitrión” de Plauto será así a encargada de dar o psitoletazo de saída á programación do Teatrarte que este ano conta coa presenza dun total de sete compañías en Redondela: Teatro

Todas elas pasarán polo auditorio do Multiusos da Xunqueira ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril. Como todos os anos, poderán adquirirse no propio Multiusos os bonos que dan acceso a todas as funcións ao prezo de 27€. O prezo das entradas é de 4€ para o público en xeral e de 2€ para os xubilados e estudiantes, sempre que se presenten os carnés. As representacións darán comezo ás 20.30 horas.

PROGRAMA

FEBREIRO
Sábado 14: Talía Teatro “E ti quen ves sendo”.
Sábado 21: Teatro do Atlántico “Unha primavera para Aldara”.

MARZO
Sábado 7: Lambríaca Teatro “Chicho e a Santa Compaña”.
Sábado 14: Teatro Galileo “Náufragos”.
Sábado 21: Lagarta Lagarta “Aeroplanos”.
Sábado 28: Malasombra “O día do pai”.

ABRIL
Sábado 4: Pistacatro Productora de Soños “Purgatorio”.

Cultura