Sete Pontes analizará a eficiencia dos Polígonos Industriais de Galicia

Sete Pontes analizará a eficiencia dos Polígonos Industriais de Galicia

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A eficacia dos Polígonos Industriais galegos será o tema principal da charla informativa programada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes, que se realizará na sede da devandita Asociación o vindeiro luns 6 de abril ás 19.00 horas. Esta xornada contará coa participación da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Na conferencia, representantes de FEGAPE e INEGA explicarán os pormenores do proxecto “Polígonos Eficientes”, desenrolado por estas dúas institucións e que ten como propósito mellorar a eficiencia de 4 polígonos que existen en Galicia: o de As Gándaras en Porriño (Pontevedra), o de A Grela, en A Coruña, o de San Cibrao en Ourense e o de Sete Pontes en Vilalba.

O principal obxectivo desta iniciativa é implementar a eficiencia dos Polígonos Industriais de Galicia incorporando accións de mellora, como a realización de auditorías de eficiencia enerxética, financiadas polo INEGA, ou a realización de estudios para incrementar a mobilidade nos Polígonos participantes.

Os relatorios correrán a cargo do Presidente do Polígono Industrial Sete Pontes e Vicepresidente de FEGAPE en Lugo, D. Jesús Sardiña Durán, e da Directora da delegación de Lugo da consultora Servigunde SL.

Sociedade